Nesta ocasión, o sol non quixo vir á nosa
festa e o mal tempo non nos deixou merendar fóra, pero nós pasámolo ben igual. Xogos,
obradoiros, contos, unha bonita exposición de árbores de Nadal, cancións, a
visita do Apalpador, unha gran merendola, panxoliñas e para rematar, un pequeno
concerto de Nadal da Escola de Música de Ribadumia que nos deixou con ganas de
máis. Graciñas a todas as familias polo seu entusiasmo e axuda. Bo Nadal e que
o 2015 veña cargado de saúde e traballo para todos.
Pero que ben o fixeron.
ResponderEliminarFELICES FESTAS A TODOS.