Esta
semana Rita tróuxonos lima. Puxémola no recuncho de “O Caribe” xunto co coco, e
decidimos esperar a hoxe, día semanal da froita, para comer ámbolos dous.
Comezamos coa lima. Antes de probala moitos dicían que non lles gustaba pero, aínda así, repartimos un anaco para cada un e animamos a todos a degustala. O resultado foi sorprendente, case todos acabaron dicindo: ¡profe quero máis!... ¡que ricas estaban!... comémolas case todas, deixamos a pequerrechiña, Rita dicía que era o bebé e que non podíamos comela, por este motivo volveu ao noso recuncho caribeño.
A gran decepción levámola co coco. Despois de moito petar nel sen conseguir rompelo, localizamos un martelo, con moito traballiño logramos abrilo e … ¡estaba podre!... A ver se mañá conseguimos outro en mellor estado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario