Para
facilitar o cambio ao centro de primaria, cada ano facermos un día de
convivencia cos neno do concello que rematan a súa etapa de infantil e visitamos
o colexio dos maiores. Co obxectivo de familiarizarnos co transporte escolar, fomos ata alá en autobús e collémolo na parada máis próxima á nosa escola. Ao chegar
xuntámonos cos nenos das demais parroquias e, tras facer xogos de presentación,
ensináronnos o centro. Vimos a aula de música,onde experimentamos cos sons e tamén co silencio;
coa mestra de inglés e a súa mascota, fixemos unha chea de actividades
divertidas; no ximnasio descubrimos que
teñen moitísimo material e xogamos ao pilla; recuperamos forzas merendando
todos xuntos; saímos ao recreo cos maiores nun campo de fútbol enorme
e, case sen darnos conta, chegou a hora de volver ás nosas escolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario