jueves, 13 de marzo de 2014

CONTOS PARA COCIÑAR…

Esta é unha das propostas que puxemos en marcha na nosa escola esta semana con motivo do XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Trátase de elixir un conto que nos gustaría cociñar, é dicir, para a partir del crear unha receita de cociña divertida e facela cos nosos fillos. Nun caderno viaxeiro que visitará os fogares de todos os cativos, as familias deberan axudarlle a seleccionar e “cociñar un conto”, para despois ilustralo como desexen. Para que vos fagades unha idea, nas imaxes tedes as propostas das mestras para cociñar O coelliño Branco e “Non é fácil pequeno esquío pero cada un pode realizalo como máis lle guste, soamente necesitades imaxinación, agarimo e sobre todo ganas de pasar un divertido rato en familia. Para os que necesiten inspiración neste enlace tedes algunhas ideas.
As mestras Janet e Marta tamén se animáron a cociñar contos con nós e estas son as súas propostas...

2 comentarios:

  1. Que boa idea, pero da pena comer esas obras de arte.
    Teremos que ir pensando nalgunha receita.

    ResponderEliminar
  2. Rita díxonos que quería cociñar “Os tres porquiños”… seguro que argallades algo rico, rico, rico… Boa fin de semana.

    ResponderEliminar