Neste álbum ilustrado
acompañamos a un neno xaponés no seu momento do baño diario. Cando se vai
introducir na bañeira, comeza a súa aventura cunha tartaruga, dous pingüíns,
unha foca e ata unha balea.
Pero este libro, ademais de facernos rir, axudounos
a descubrir que os baños en Xapón son diferentes. As bañeiras teñen tapas para manter a auga
quente o maior tempo posible e todos os membros da familia báñanse na mesma
auga. Para que a auga se manteña limpa, lávanse co xabón e dúchanse antes de meterse na
auga. Todo isto lémolo no epílogo que ven ao final do conto “Un hipopótamo na bañeira” que nos deixaron na Biblioteca Publica Municipal de Meis. As súas autoras son dúas xaponesas de recoñecido
prestixio en Xapón e foi traducido ao galego por Suevia Sobral, a ilustradora
do libro “O meu marabilloso sombreiro” que tanto nos gusta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario