Fai uns días, a partir
da noticia que limos no xornal “La Voz de Galicia” sobre os lobos mariños arrastrados ata as nosas praias, estivemos
traballando un pouquiño ao redor destes animais e reflexionando sobre as
consecuencias dos temporais na súa vida. Ao ver as fotos, pensabamos que se
trataba de focas, pero o titular falaba de lobos mariños.
Na biblioteca buscamos cal era a diferenza entre eles e quedamos abraiados coa
cantidade de especies que hai emparentadas coa foca. O único que nos quedou claro
foi que a foca común non ten orellas. Na prensa dixital, limos que o mal tempo
tamén tivo consecuencias sobre os golfiños e incluso sobre unha balea,
como vimos nun vídeo que acompañaba á información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario