Teru Teru Bozu é un boneco tradicional xaponés, feito
con papel branco que se colga nas ventás nos días de choiva. É unha especie de
amuleto que se emprega para atraer o bo tempo nos eventos importantes. Como nós
queremos que deixe de chover para poder saír ao patio e, sobre todo, para facer
o Magosto a vindeira semana sen mollarnos, onte realizamos Teru Teru Bozu para todos. Neste enlace tedes o simpático vídeo que vimos á mañá para aprender a elaboralo. Tamén
comezamos a memorizar a canción que leva asociada e que vos deixamos a
continuación.
Se polo
contrario desexamos atraer a choiva, hai que colgalos de xeito invertido. No seguinte
enlace tedes unha animación onde dous irmáns teñen
desexos opostos e os seus Teru Teru Bozu comezan unha danza para loitar polo
sol e a choiva respectivamente. Animádevos
a construír os vosos Teru Teru Bozu e personificalos, se mandades as fotos ao noso
correo escoladeleiro@gmail.com publicarémolas no blogue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario