Xa
sabemos que na nosa biblioteca escolar temos unha chea de contos de dragóns,
pero se desexamos atopar os que queremos, temos que aprender tamén onde e como
buscalos. Na zona de literatura infantil, os libros están organizados por
editoriais.
Este luns estivemos analizando como eran os anagramas de cada unha
delas e localizándoos na portada, contraportada ou nos lombos dos contos. Despois
buscamos os símbolos das editoriais nos andeis e descubrimos onde ten que estar
colocado cada conto. Cando rematemos de traballar cos libros de dragón, xa
sabemos onde temos que coller os nosos favoritos para levalos en préstamo a
casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario