Dende
que a semana pasada coñeceramos a lenda
xaponesa da carpa
que se converteu en dragón, decidimos
dedicar a hora de ler aos contos de dragóns. O
nacemento do dragón, El
tesoro perdido de la cueva del dragón, Dragones,
La
leyenda de SanJorge, Os dragóns
do arco da vella, El
dragón Danilo… na nosa
biblioteca escolar temos contos de dragóns para todos os gustos.
Hainos
malos e bos, que dan medo ou fan rir, que viven en países afastados ou preto
das aldeas … Estamos aumentando o noso vocabulario con palabras relacionadas co
tema, aprendendo a debuxar dragóns, a recoñecelos... pero sobre todo, a
perderlles o medo e a divertirnos con eles. O que resta de mes ímolo dedicar
aos libros de dragóns, se na casa tedes material relacionado co tema podedes
traelo a escola e aprenderemos todos xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario