Félix, na súa carta,
falaba de que Sakura e a súa avoa estaban a facer carpas de papel. Esta semana
soubemos que se trataba de Koinobori,
bandeiras tradicionais
xaponesas coas que se decoran edificios e casas o día do neno. Son
izadas co desexo de que os rapaces medren fortes e con boa saúde. A carpa máis grande, de cor negra, representa
o pai; a seguinte, de cor vermella, á nai; e as restantes aos fillos. Na nosa
aula tamén fixemos os nosos particulares koinobori cos membros
da nosa familia e escoitamos a canción popular que adoitan
cantar os nenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario