Para
todos os que estiveron hoxe enfermiños ou non puideron asistir a clase, lembrarlles
que o venres comezaremos co noso obradoiro anual de cociña. Esta semana non
temos que traer ningún ingrediente. Será María a que se encargará de traer o
leite, o chocolate e as galletas para cociñar entre todos unha torta coa que
celebrar o seu aniversario. Pero os que
aínda non trouxeron os seus utensilios de cociña (prato, culler, garfo e
coitelo), non se esquezan de levalos á escola antes do venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario