lunes, 2 de septiembre de 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013/14

Despois da paréntese do verán, aquí estamos de novo para darvos a benvida ao curso 2013/14. Como xa todos saberedes, o mércores día 11 ás 10:30, teremos a nosa primeira reunión coas familias na aula de Leiro. Nela falaremos, entre outras cousas, das liñas prioritarias do ano académico, do período de adaptación dos novos alumnos, das normas de funcionamento, dos cambios no profesorado co centro, aclararemos todas as vosas dúbidas e escoitaremos a vosas suxestións. Deberedes acudir acompañados dos vosos fillos, mentres nós conversamos, outra mestra estará con eles para facilitarlle a incorporación á escola. Coma sempre, para aquelas familias que queiran ir organizándose, aquí lle deixamos o calendario escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario