O luns limos a nova carta que Félix envioulle
a súa amiga Sofía. Nela cóntalle que a súa viaxe polo río Nilo levouno ata
Kenia. Para saber onde está situado este país africano, consultamos o mapa
grade que temos en clase.
Seguimos o curso do río ata o lago Victoria e, alí,
pegadiño, atopámolo. Cando chegou, Félix, para coñecer aos animais deste país africano, foi de safari, pero un pequeno incidente cun rinoceronte levouno a vivir unha emocionante aventura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario