¿Que
froito seco escolles?... pero non basta con dicir o nome, hai que adiviñar cal
é cos ollos pechados. Podémolo tocar coas dúas mans. Sabemos que a abelá é
pequerrechiña e redonda. A noz tamén pero máis grande. A améndoa é a máis doada
de recoñecer, das tres é a única ovalada e que remata en punta nun dos seus
lados…
Aínda que empregamos case todos os froitos
secos que tíñamos na torta que cociñamos o venres, sobráronnos algúns para
xogar á vez que desenvolvemos o noso sentido do tacto. Paula deixounos a súa
bolsiña da merenda, introducimos as noces, as abelás e as améndoas que nos
quedaron e… ¿cal vas sacar?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario