¡Que frío facía o mércores cando
chegamos á escola coas nosas cabazas!... Pero cos xogos de pelotas e as carreiras de vasoiras logo
entramos en calor. Despois, xa quentiños, no aula de informática vimos uns divertidos
debuxos do monstro do lago Ness e, na biblioteca, as últimas novidades en
contos de medo. Entre risas e sobresaltos, escoitamos caladiños as historias. Como
o noso monstro favorito é o das galletas, fixemos un marcapáxinas del. Decoramos
un cucurucho para meter as castañas asadas e aprendemos a debuxar morcegos. Con
tantas emocións a fame espertou. A pesar de que as predicións anunciaban
chuvascos, o sol acompañounos á hora da merenda e biscoitos de noces, tortas de
castañas, chulas de calacú… foron desaparecendo dos pratos como por arte de
maxia. Coa barriguiña ben chea xogamos no patio todos xuntos e non fixeron
falta nin os abrigos.
Pero o mellor veu ao final coa actuación do mago Noel. Abraiounos cos seus trucos, sorprendeunos con xogos malabares de luces de cores, fíxonos rir coas súas bromas…
todos queríamos saber o mesmo: ¿como o fai?... sen darnos conta chegou á hora de marchar e como non podían faltar as castañas, levamos os nosos cucuruchos cheos delas para casa. Graciñas a todas as familias pola súa colaboración e por axudarnos a facer deste, un día especial.

No hay comentarios:
Publicar un comentario