domingo, 4 de noviembre de 2012

PSICOMOTRICIDADE CON CAROZOS

Na aldea, despois da esfollada, é doado conseguir unha presa de carozos. Xa viramos que podemos transformalos en xoguetes, pero a semana pasada empregámolos tamén para facer psicomotricidade e desenvolver a nosa coordinación.


Divertímonos comprobando que podemos facelos rodar coma unha pelota co pé ou man. Lanzalos ao aire e recollelos antes de que nos caian ao chan resultounos máis complicado. Pero o gran día do carozo tivémolo o martes, cando a mamá de Aaron tróuxonos un saco deles para facer a brasa do Magosto. Non deixamos pasar a ocasión e fixemos torres, o noso nome, debuxos, camiños… ata xogamos a encestar cando chegou a hora de recoller.


No hay comentarios:

Publicar un comentario