lunes, 1 de octubre de 2012

XOGOS POPULARES

Despois de case toda a semana  chovendo, moito agradecemos que o venres saíra o sol. Á sombra do carballo do que tanto nos gusta apañar landras, empezamos cos nosos xogos de roda. Imitando aos maiores e coa súa axuda, os máis novos da escola logo colleron xeito e, nun chisquiño, a roda estaba feita e nós xogando. Máis complicado foi que comprenderan a dinámica de “Guante, guante”… Iso de esperar quenda, coller o obxecto, correr ao redor sen escapar lonxe, sentarte no sitio do perseguido… ¡demasiadas consignas para o primeiro día!.

No hay comentarios:

Publicar un comentario