domingo, 30 de septiembre de 2012

TORTA DE CHOCOLATE

O venres tíñamos todo preparado para comezar co noso obradoiro de cociña celebrando o aniversario de María. Pero os catarros, mocos e virus que esta semana andan a facer estragos entre os cativos da escola, provocaron que a nosa homenaxeada enfermase. Dende aquí lle mandamos moitos biquiños de eses que curan, para que o vindeiro venres poida apagar todas as candeas e festexar na aula o seu aniversario. Os que superaron o contaxio, non querían quedarse sen clase de cociña así que, tras lavar moi, pero que moi ben as manciñas, comezamos a preparar a torta. Mollar as galletas no leite sen rompelas, lembrarse de que non se poden comer antes de tempo, estender o chocolate, poñer outra capa de galletas, non meter os dedos na boca, limpalos co papel… pouco a pouco a torta foi collendo xeito e nós experiencia. Despois veu o mellor, comela entre todos. E por último o peor, fregar e recoller todo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario