O pasado venres os catarros deixáronnos
sen apoio no obradoiro de cociña, pero os maiores, que xa son especialistas nesto
de facer tortas de chocolate, fixéronse
responsables do tema e axudaron sen problemas aos máis pequenos e inexpertos. Para
evitar enredar tanto, tivemos que renunciar a usar a nosa louza e cambiala por
utensilios de plástico rexeitables, pero polo demais, xa estamos adaptados a
cociñar para un maior número de comensais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario