Esta
fin de semana celébrase “O Gran Premio de España de Motociclismo”, pero en
Leiro xa estivemos “quentando motores” dun xeito moi especial. O mestre Rafa
sabe que andamos aprendendo os nomes dos deportes que aparecen no xornal e, ao
chegar ao motociclismo, quixo axudarnos a coñecelo mellor traendo a clase ¡un auténtico
equipamento de motorista!.
Explicounos que para practicar este deporte é necesario
protexerse cunha roupa especial para evitar, na medida das posibilidades,
lesións en caso de caídas. Casco, luvas, pantalón, chaqueta e botas. Todo está
feito dun xeito diferente que pouco a pouco nos foi mostrando. Vimos, tocamos e incluso
probamos … A ver se adiviñades quen son os “motoristas” que aparecen nas fotos …
¿Quen se anima a mandar un comentario coa resposta? …E xa que andamos a voltas coas motos, dende aquí animámosvos a visitar a exposición “Motos históricas. Cen anos sobre rodas” que se exhibe no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, nela expóñense 58 motos dende finais do século XIX ata finais do XX, máis información en http://www.museo.depo.es/noticias/notas.de.prensa/es.02010345.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario