Cando
cociñamos as de xamón e queixo soubéronnos a pouco e quedamos con ganas de máis. O venres, para compensalo, dedicamos de novo o obradoiro de cociña ás pizzas,
nesta ocasión ás de atún. Xa coñecíamos
o proceso de elaboración, así que soamente tíñamos que engadir os novos
ingredientes: o atún e os champiñóns. Pero o que máis nos gusta é botar o
ourego, para os cativos é como o toque máxico que pon o punto e final … Logo
soamente queda esperar a que a torradora faga o seu traballo mentres que imos
preparando a segunda remesa de pizzas …
No hay comentarios:
Publicar un comentario