Onte, aproveitado a nosa estancia semanal na biblioteca escolar, iniciamos a busca de libros relacionados con Roma, os seus habitantes e a súa historia. Lembramos como tíñamos que facer para localizalos, seleccionamos os que máis nos interesaban e comezamos a ollalos. Nun vimos os gatos dos que Félix falaba na súa carta e a bandeira de Italia, noutro animais salvaxes pelexando, un río e pontes… unha chea de cousas que paseniño iremos coñecendo e intentando comprender. Na aula comezaremos a montar un pequeno recuncho desta cidade e do país onde está situada. Coma sempre, se tedes na casa contos, libros, DVDs, fotos, quebracabezas, postais, mapas, obxectos… relacionado co tema e adaptado ás idades dos nosos alumnos, podédelo traer para velo na aula e aprender todos xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario