Segundo o calendario escolar, do 12 ao 16 de marzo, conmemorase a Semana da Prensa na que un día debe traballarse cos xornais nas aulas. Na nosa escola o periódico non é concibido como algo a empregar puntualmente nunha semana en concreto, senón que forma parte da nosa rutina diaria. Como sabedes cada mañá queremos ser o primeiro en chegar para coller o xornal e levalo para clase. Na asemblea, antes de empezar co traballo da xornada, gústanos ollar o periódico e sempre atopamos algo que esperta o noso interese e paralelamente os nosos coñecementos en diversas áreas. Na escola recibimos todos os días “La Voz de Galicia” e, ás veces, o “Faro de Vigo”. Hoxe a mestra tróuxonos o ”Diario de Pontevedra” porque traía unha noticia para nós moi especial: “A nosa visita ao Estadio de Pasarón”. Nós continuaremos traballando a pensa coma sempre pero nos vindeiros días os xornais estarán presentes dun xeito especial, xa vos contaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario