Como Félix anda por París, queríamos seguir aprendendo a cociñar comidas que gustan aos franceses, pero é tempo de amorodos e non podemos deixar pasar a oportunidade de saborealos. Así que, como tamén andamos a voltas coas supersticións, decidimos elaborar “batido máxico de amorodos”. Na imaxe tedes os ingredientes que temos que traer, a mestra vaise encargar dos “pos máxicos” que, ao mesturalos coas fresas e o iogur, darán a Laura rapidez, a María enerxía, a Rubén forza, a Ángela paciencia… Xa vos contaremos que virtude vaille pedir cada un a esta receita máxica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario