Aínda que poida parecer o contrario, non nos confundimos de data no calendario, simplemente comezamos a ver polo miúdo as supersticións relacionadas con fin de ano que redactaramos para o Salón do Libro. Sen lugar a dúbidas, a máis coñecida é a que aparece na imaxe. Ás 12 en punto da noite, cómese unha uva coincidindo con cada badalada. Con cada uva que consegues tragar pídese un desexo. Se se cumpren ou non, non o sabemos, pero o que si descubrimos hoxe foi a colocación dos números no reloxo e que non é doado contar 12 uvas. Primeiro temos que saber a cantinela ata o 12, e non todos a saben. Despois temos que contar todas as uvas unha vez e soamente unha vez, non vale contar unha dúas veces, nin podemos deixar ningunha atrás. E ao final, o máis complicado, descubrir que o último elemento do reconto é o que representa a todo o conxunto… ¡uf!
No hay comentarios:
Publicar un comentario