Mañá, no obradoiro de cociña, faremos unha torta especial para celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de
Castro. Hoxe estivemos redactando as notas para lembrarnos de traer os ingredientes e lendo un fermoso poema dela no libro “Parece unha rosa”. As ilustracións realizadas por Isabel Pintado son preciosas e mañá, despois da festa, continuaremos traballándoo baseándonos nelas para personificar os poemas que regalaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario