Hoxe, 24 de febreiro, celebramos un aniversario moi especial, o da escritora galega Rosalía de Castro. Nunha data tan sinalada non podía faltar unha torta coas súas velas e, moi cediño, comezamos a preparala. Primeiro traballamos a receita, despois lavamos ben as manciñas e as mesas e, por último, ¡a cociñar!. Algúns envoltorios de sobaos resistíanse e non se daban aberto, pero coa axuda das tesoiras aprendemos a solucionalo. Varios amorodos escorregaron do prato cando intentamos cortalos pero, co emprego do garfo, quedaron controlados. Coa colaboración de todos a torta de amorodos con nata foi collendo xeito, e como Rosalía xa non está entre nós para apagar as velas, sopramos todos xuntos. Despois da merendola, viñeron os poemas e, coas nosas fotos, démoslle un toque persoal ao anaquiño que memorizamos de “Parece unha rosa”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario