No vídeo “Paris vu du Ciel” de Yann Arthus-Bertrand que publicamos na última entrada sobre París, puidemos ver a Torre Eiffel dende o ceo. Gustounos tanto, que vos propoñemos comela a vindeira fin de semana á hora da merenda. Como observaredes nas imaxes, soamente necesitades imaxinación, paciencia, galletas de nata e pouco máis. A idea tomámola do libro “Chiquifiestas. Recetas temáticas para fiestas infantiles” de Larousse que temos na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario