martes, 31 de enero de 2012

LISTAS PARA COMER…

Os brócolis que plantamos no primeiro trimestre non medraron como esperabamos polo que non poderemos apañalos. Pero as leitugas folla de carballo do noso invernadoiro están espléndidas e listas para a colleita. Non hai para todos polo que tivemos que sortealas. Desta volta tocoulle a María, cando a produción aumente serán outros cativos os que rotativamente vaian levando os produtos da nosa horta para casa. Xa nos contaredes que tal saben…

2 comentarios:

  1. E un bo disfraz de leituga, o principio pensei que non era unha leituga por si sola, senon que estaban pegadas as follas no mandilón, jajaja,

    ResponderEliminar
  2. Felicidades Maria que sorte con esa leituga tan grande.

    ResponderEliminar