sábado, 21 de enero de 2012

PALMEIRA DE FROITAS

Cunha mandarina, un plátano e un kiwi, mirade que palmeira de froitas deseñamos o venres no obradoiro de cociña. A idea atopámola no seguinte enlace ttps://picasaweb.google.com/jesinoa/TALLERDECOCINA, aínda que as explicacións están en francés, as imaxes son o suficientemente claras para entender o proceso. Un xeito divertido de presentar froitas e verduras para animar aos máis pequenos a comelas.
Despois, na hora de ler, vimos nas ilustracións de “Un cabaliño de mar soíño”, mondas de plátano convertidas en polbos e golfiños…e intentamos imitalas coas nosas sobras. Así que xa sabedes, se queredes seguir xogando e creando coas froitas, recomendámosvos estes sorprendentes libros.

1 comentario:

  1. Desde que non paso por aqui mira que traballastes, Martiño esta moi orgulloso da sua palmera.

    ResponderEliminar