¡Chocolate!, ¡molinillo!
¡corre, corre!,
¡que te pillo!
¡corre, corre!,
¡que te pillo!
¡A estirar, a estirar!
que la coja va a pasar…
que la coja va a pasar…
Hoxe, por fin nin choveu nin fixo frío, e puidemos retomar os nosos xogos de roda dos venres ao pé do carballo.
Aos pequenos, aínda nos costa moito saltar a “pata coxa”, non temos claro se a perna que levantamos do chan ten que ir para diante ou para atrás, dobrada ou estirada… e se por riba hai que saltar á vez, todo se complica…perdemos o equilibrio e caemos, ou non avanzamos… pero non nos importa, rimos, cantamos…e o que máis nos interesa: pasámolo ben cos amigos á vez que imos aprendendo a controlar o noso propio corpo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario