martes, 4 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE MARÍA


O último venres de setembro dedicámolo a celebrar o aniversario de María. Cumpriu tres anos e trouxo os ingredientes para facer unha torta de chocolate. Armados de paciencia, entre todos comezamos a realizala…
  Foi divertido mollar as galletas no leite, pero con frecuencia esquecíamos que os cociñeiros non poden meter as mans na boca e tíñamos que volver a lavalas: unha, dúas, tres, catro, cinco… tantas veces que perdemos a conta.
O máis complicado foi untar o chocolate sen manchar os dedos e, aínda máis, non chupalos despois.  
Pouco a pouco a torta foi tomando forma, puxemos as velas, cantamos, María soprou e soprou…


E comemos todo, todo, todo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario