Sacarlle a casca á noz sen metela na boca, abrir un sobre de azucre sen espallalo pola mesa, quitarlle a tapa ao iogur sen tiralo ao chan… ¡que complicado resulta todo cando soamente temos tres ou catro anos!... Hoxe, na nosa primeira clase do obradoiro de cociña, preparamos “Iogur con noces”. Aínda que cociñar resulta complicado cando somos moitos e moi pequenos... ¡conseguímolo!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario