viernes, 16 de enero de 2015
jueves, 15 de enero de 2015
NA HORA DE LER… ¡SENTIMENTOS!
A maioría dos cativos saben recoñecer cando
están contentos, tristes ou enfurruñados, pero o abano de emocións que podemos
sentir é inmenso. Poñer nomes aos nosos sentimentos e aprender a xestionalos
non é tarefa doada. Co obxectivo de ir aprendendo a identificar as nosas
emocións e baseándonos na guía da biblioteca escolar “Emociónate no Nadal”, a nosa bolsiña de libros para a hora de ler veu onte cargada de
contos que poden axudarnos a conseguilo. A semana pasada rematamos de “ler matemáticas” e onte xa comezamos a “ler emocións”. Para os que desexen
mergullase connosco no mundo dos sentimentos, a continuación deixamos un bonito
vídeo sobre o libro “El monstruo de colores”.
miércoles, 14 de enero de 2015
GUÍA DE LECTURAS DA SELVA
Como xa sabedes pola carta que nos enviou, a nosa mascota viaxeira chegou a Australia. Na escola pronto comezaremos a
investigar sobre este país e, para facer sitio a este novo proxecto, onte
estivemos desmontando o noso recuncho de “A Selva Amazónica” e levando para
casa os materiais que compartimos cos nosos compañeiros. Pero non podíamos dar
por rematado o noso traballo ao redor desta rexión de América do Sur, sen
facer unha pequena recompilación dos materias nos que nos baseamos.
Nesta guía de lectura tedes unha mostra da
bibliografía que podedes atopar na biblioteca escolar, os nenos xa estiveron
decidindo cal queren levar prestado para casa o luns na nosa visita semanal.
martes, 13 de enero de 2015
DÍA DO NÚMERO NAS PRENDAS DE VESTIR
Na mochila, na chaqueta do chándal, na manga
da camiseta, na bolsa da merenda, no xersei … Estamos descubrindo que os números nos rodean e están en todas partes. Para xogar con eles, á vez que imos
memorizando as grafías e o seu significado, lembrade que mañá mércores 14 imos
celebrar “o día do número nas prendas de vestir”. Trátase de que ese día, se
tedes, vistades aos vosos fillos con roupa nas que aparezan números. Vale
calquera peza ou complemento: pantalón, saia, tenis, viseira, bufanda, calcetín
… Será divertido e na aula argallaremos actividades ao seu redor.lunes, 12 de enero de 2015
CARTA DE FÉLIX
A nosa lebre viaxeira chegou a Australia. Soubémolo
hoxe a través dunha misiva que recibimos na biblioteca. Nela fálanos dunha chea
de cousas descoñecidas para a maioría de nós, pero nas vindeiras semanas iremos
debullándoas e seguro que aprenderemos moitas cousiñas.
Para comezar intentamos
memorizar o nome do país, aínda nos custa pronuncialo, e miramos nos mapas para localizalo. Limos e buscamos na
carta os nomes dalgúns animais que coñecemos e outras palabras que xa somos
capaces de atopar no texto sen problemas. Un novo proxecto está en marcha, xa
vos contaremos.
viernes, 9 de enero de 2015
ÁRBORE DE NADAL CON KIWI
Non podíamos despedirnos do Nadal sen facer
algunha receita propia destas datas no noso obradoiro de cociña. Nada máis
sinxelo e nutritivo ca unha árbore de Nadal con kiwis do país como principal
ingrediente.
jueves, 8 de enero de 2015
COMEZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE…
Despois das vacacións de Nadal son moitas as
novidades que traemos para contar aos amigos: os regalos de Papá Noel, as
reunións coa familia, pequenos incidentes… Case todos volven con ilusión menos quen
esqueceu o ben que se pasa na escola. Para eles temos unha chea de bicos, apertas
e cóxegas que fan milagres e axudan a lembralo con facilidade.
Pero hoxe, sen lugar a dubidas, os
protagonistas foron os agasallos que o Apalpador nos deixou na clase. Este ano trouxo
un par de xogos de mesa que nos encantaron. O mellor xeito de empezar un novo
trimestre é probándoos. Primeiro o de equilibrio: tirar o dado, coller a cor
mandada e intentar colocar as pezas sen que caian … aínda que tan divertido nos
resulta conseguilo como tirar con todo. Despois co de pesca: coller a caña,
enganchar o peixe e ver os tantos acadados… o que máis puntos consiga gaña. Mañá
seguiremos xogando, agora que xa sabemos o mecanismo non precisamos da axuda da
mestra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






















