Este curso por fin puidemos volver a celebrar o Carnaval xuntándonos todas as aulas do colexio. O Xurásico e a prehistoria foron os temas centrais dos disfraces de grandes e pequenos.
As familias prepararon uns traxes espectaculares e a ANPA
varios decorados impresionantes.
A primeira hora da mañá o Maggo Deimi fíxonos rir e deixounos
abraiados coa súa maxia.
Despois chegaron o baile de Entroido e os xogos.
Repuxemos forzas cunha rica merendola e saímos a realizar
o desfile pola contorna.
O broche final púxoo a mestra Olalla de musica coa bonita
actuación dos meniños a ritmo de bailes que tiñan a prehistoria como eixo central.
No hay comentarios:
Publicar un comentario