O vindeiro martes 21 de marzo é o Día da Síndrome de Down.
A elección desta data débese a que as persoas con esta síndrome presentan
unha alteración provocada pola existencia de material xenético extra no
cromosoma 21, que se denomina trisomía 21 (teñen tres cromosomas no par 21). De aí que o día elixido sexa o 21 do
terceiro mes (marzo).
Para dar visibilidade a esta alteración cromosomática, dende a escola imos realizar diversas actividades. Entre elas, propoñemos traer postos o martes calcetíns desparellos, para resaltar o valor e a importancia da diversidade. Animádevos a participar!
A través desta ligazón poderedes acceder á versión online do libro de Os Bolechas “Xela celebra o seu aniversario: unha historia sobre a amizade sen barreiras e a síndrome de Down”
No hay comentarios:
Publicar un comentario