Esta semana Zapatocas preparounos na biblioteca unha árbore de Nadal moi especial. Está cheo de bólas numeradas que agochan portadas de contos que teñen en común o respecto á diversidade. Son lecturas inclusivas, onde todos os seres teñen cabida, ninguén queda fóra. A tolerancia, a comprensión, a empatía, a aceptación das diferenzas e a capacidade de poñerse no lugar dos outros, son as palabras claves desta proposta.
Cada semana, na nosa visita á biblioteca escolar, debemos buscar a bóla que corresponde ao número do día no calendario e ler o conto sorpresa do seu interior. O luns pasado tocounos “Unha casa a media”e encantounos. A ver que libro atopamos mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario