Este curso todo é diferente, pero non por iso menos
divertido. O venres comezamos a nosa particular festa co “Baile dos animais” e sesión de fotos.
Despois preparamos a receita semanal baseándonos na idea dos nenos de Ribadumia B empregando os folletos publicitarios dos
supermercados. Eliximos entre filloas e orellas, limos os ingredientes e buscámolos
na publicación.
Sen darnos conta chegou a hora do recreo e, tras
recuperar forzas cunha rica merenda de carnaval, gozamos dun solleiro día
xogando coa area.
Á hora de ler veu cargada de contos de Entroido e rematamos
a xornada decorando unha careta de peliqueiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario