Onte cando chegamos á biblioteca atopamos unha caixa
debaixo da mesa. Non sabíamos de quen era e preguntamos ao resto das mestras.
Ninguén sabía nada. Rapidamente os meniños comezaron a lanzar hipóteses. E se a
deixou O Apalpador? Ou Papá Noel? Ou os Reis Magos?... Decidimos abrila e … Que sorpresa! ... Todos eles nunha carta contábannos
que recibiran as nosas misivas e deixábannos xoguetes e un libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario