Cada curso o noso centro participa en programas de mellora da calidade educativa a través do chamado Plan Proxecta. Este ano imos desenvolver un que leva por título Protexe aos animais. A través del queremos fomentar o respecto aos animais domésticos a través de diversas actividades. Comezamos pedindo ás familias unha foto dos meniños coa súa mascota. Están chegando unhas imaxes preciosas ao correo da escola. A través delas, ademais de compartir os vínculos dos meniños cos seus animais, estamos coñecendo as características e necesidades destas mascotas. Moitas grazas por participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario