martes, 1 de septiembre de 2020

BENVIDOS AO CURSO 2020/21

Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións sanitarias e será moi diferente ao dos anos anteriores. Dende a escola estamos traballando para cumprir cos protocolos que acaban de publicarse e ter todo listo dende o primeiro momento nun entorno seguro. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarvos do que está a acontecer e aclarar dúbidas. Polo pronto lamentamos comunicarvos que a reunión fixada para o vindeiro 10 de setembro non poderá realizarse. As instrucións publicadas pola Consellería establecen un comezo  gradual como recolle a seguinte resolución: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_incorporacion_gradual.pdf. Na nosa escola isto tradúcese en que o xoves día 10 soamente se incorporaran o nenos de 5º de infantil (4 anos). Os nenos de 6º de infantil (5 anos) comezarán o venres día 11. Os novos alumnos de 4º infantil (3 anos) virán seguindo o seguinte calendario:

No hay comentarios:

Publicar un comentario