A semana
pasada tivemos unha visita moi especial. O avó de Marcos veu a ensinarnos como facer
cestos. Quedamos abraiados mirando como paseniño, a partir duns pauciños especiais
chamados medulas,
ía tecéndoos entre si ata formar unhas cestiñas preciosas. Explicounos que para
traballar con eles sen que rompan hai que mollalos primeiro. Deixounos tocar o
material e ata deunos un anaquiño a cada un.
Tróuxonos
unha chea de cestas de diversos tamaños, formas e cores. Contounos como trenza a
medula para facer debuxos diferentes. Tamén falounos doutros materiais que se
empregan e como mesturalos para obter distintos resultados. Con infinita paciencia
deixou aos meniños que probaran a facelo, axudándoos e animándoos.
Gustáronnos
tanto os cestiños que confeccionou para nós, que decidimos empregalos para
gardar os nosos tesouros do mar, esas cunchiñas que temos na aula que tanto nos
gustan. Moitas grazas avó por ensinarnos tantas cousas e sobre todo polo teu
agarimo e paciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario