Un ano
máis, todos os meniños do centro acudiron a Sisán equipados cos seus cascos e
bicicletas, motos, patíns e demais vehículos, para participar nos circuítos que con tanto agarimo monta a DXT coa axuda de
Paco da Autoescola Barrantes. Por grupos
foron facendo de condutores e peóns para aprender as normas de circulación e experimentar
as consecuencias de non cumprilas.
Pero a
mañá veu cargada de actividades. Despois do circuíto, montamos na moto da Garda
Civil e no camión da Autoescola, vimos un vídeo dos Bolechas de como debemos
viaxar no autobús e asistimos a unha charla de Educación Vial. Tras recuperar
forzas coa merenda, estaba agardándonos unha sorpresa moi especial. Fátima Rey
da compañía Tatana Teatro, nun
obradoiro sorprendnete, ensinounos como facer para converternos en auténticos
pallasos e despois fíxonos rir cunha divertida
actuación.
Pero aínda
hai máis. Rematamos a xornada coñecendo uns paxariños extraordinarios: as pombas
mensaxeiras do colombódromo Derby Rías Baixas coas que puidemos mandar unha nota co nome do noso
colexio. Moitas grazas a todas estas persoas que viñeron desinteresadamente a
mostrarnos o seu traballo con tanta paciencia e agarimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario