A
semana pasada o avó de Marcos veu cargado cunha bolsiña chea de cestiños que
confeccionara con moito agarimo para cada un dos meniños da nosa aula. Todos
eran preciosos e vimos que podían ter moitas utilidades: para coller amorodos,
para xogar, para gardar os nosos tesouros …
Como ía ser imposible poñernos de acordo para repartilos, decidimos numeralos e efectuar un sorteo como o que realiza a mestra Ana cos produtos da horta. E así, un a un, foron sacando papeliños e comprobando cal era o que lle correspondía. Gustáronlle tanto a todos, que seguro lle dan utilidades moi diferentes e especiais. Se queredes podedes mandar fotos con eses usos ao correo da nosa escola. Queremos agradecer ao avó Santiago o traballo que levou realizándoos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario