A
semana pasada, unha noticia que limos no Diario de Arousa levounos a descubrir ao monstro das cloacas. Alimentase das
toalliñas húmidas que tiramos polo váter e produce atascos nas depuradoras con
consecuencias moi danosas para o medio ambiente.
Primeiro
reflexionamos sobre onde va a auga cando tiramos da cadea do inodoro e que
pasaría se fora vertida directamente ao mar. Falamos das depuradoras e vimos o
seguinte vídeo para coñecer como funcionan.
Limos que
as toalliñas húmidas non se disolven coa suficiente rapidez como para
desintegrarse antes de chegar á depuradora de augas. Para comprobalo fixemos un
sinxelo experimento que podedes realizar tamén na casa. Metemos en dous envases
de auga diferentes unha toalliña e papel hixiénico, axitámolo e observamos o
resultado. Evidenciamos como o papel foise disolvendo mentres a toalliña
permaneceu practicamente intacta. A partir de agora temos claro que non podemos
tirar as toalliñas ao váter ou contribuiremos a alimentar ao monstro das cloacas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario