Dende que limos
no xornal a noticia de que o picudo vermello facía estragos nas palmeiras, queríamos ver o
exemplar que hai preto da escola. Despois dunha semana de espera, onte por fin
a choiva deunos unha tregua e puidemos camiñar ata o xardín da igrexa de San
Xoán de Leiro onde se atopa. Quedamos abraiados co seu tamaño, vese por riba
dos tellados das casas. Había algunhas polas tiradas no chan e puidemos comparalas
con nós e apreciar o seu gran tamaño. Reflexionamos sobre a cantidade de anos
que fixeron falta para que acadara ese tamaño e comprendemos a mágoa que sería
se o picudo a atacara. Hoxe Suevia tróuxonos un tríptico con información sobre ese insecto, seguro que nos vindeiros días
aprendemos máis sobre el.
No hay comentarios:
Publicar un comentario