O final de curso achegase e pronto os maiores remataran a
súa etapa de infantil. Para coñecer os que serán os seus novos compañeiros e familiarizarse
coas instalación do seu futuro colexio, o
pasado venres tivemos unha convivencia no CPI Julia Becerra Malvar. Foi unha
mañá do máis intensa. Primeiro viaxamos no transporte escolar, despois as mestras
de infantil de Barrantes argallaron xogos de presentación e, xa máis relaxados,
asistimos a un contacontos na biblioteca. Para recuperar forzas, merendamos xuntos
e os nenos coñeceron a algúns dos
profesores que lle darán clase. No campo de fútbol atopamos antigos amigos e
despois de moitas apertas, fomos á aula de música a un concerto que prepararan os
maiores de primaria. Para rematar, o mestre de ximnasia fixo varias actividades
con todos xuntos e, xa cansadiños pero contentos, chego o momento de regresar ás
escolas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario