Aínda que xa vai moito tempo que a realizamos, tíñamos
pendente publicar as fotos da xornada na que visitamos o porto, a lonxa e a
zona de marisqueo. Grazas ao Plan Proxecta: “O sabor da aventura está no mar”,
no transcurso da mañá vimos os diferentes tipos de embarcacións, as artes que
empregan, as especies que capturan, participamos nunha poxa ficticia e
acompañamos ás mariscadoras para ver de preto como realizan o seu traballo. E
para rematar, unha rica merenda mariñeira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario