Esta fin
de semana inaugurouse o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra baixo o lema “O mundo que queremos”. O noso centro participa cunha pequena maqueta
da nosa escola onde aparecen todos os alumnos. A través dunha sinxela mostra
fotográfica recollida nun libriño que fai as veces de tellado, recollemos esas
actividades coas que dende o colexio contribuímos a construír ese mundo que queremos. Pódese
visitar ata o 2 de abril e consultar o programa de actividades neste enlace.
No hay comentarios:
Publicar un comentario