O Apalpador é un personaxe mítico galego que vive
nas devesas do Caurel. Polo Nadal baixa das montañas, entra de noite nos cuartos
dos nenos, pálpalles a barriguiña por
ver se están mantidos e déixalle xoguetes de madeira feitos por el mesmo e unha presa
de castañas.
Todos os anos na biblioteca os meniños escríbenlle
unha carta na que lle piden algún xoguetiño para á escola. El adoita vir a nosa
festa de Nadal, recolle as misivas e intenta atender as peticións e deixar os
agasallos nas clases durante as vacacións. Non sempre consigue traer todo o que
pedimos pero seguro que o intentará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario